quinta-feira, abril 28, 2005

Non haberá debate

Recollo aquí un estracto dunha nova de Europa Press que non sairá no telexornal da TVG nin probabelmente en ningún outro medio (canto menos de xeito destacado).

Vexamos a excusa de Fraga para non debater e o pouso franquista que sempre terá:


Fraga ironizó con la publicidad que el BNG introdujo en los medios de comunicación para solicitarle un debate electoral, ya que el candidato nacionalista, Anxo Quintana, así consigue "salir en las fotos". Al respecto, dijo que le da "risa" y censuró la "injuria" que lanzó Quintana al sostener que el presidente cazó un corzo porque se lo pusieron "amarrado a un árbol".

"Es un intento de hacer una comparación con otras personas a quien tampoco se los ataban", afirmó en alusión al dictador Francisco Franco y, por contra, aseguró que cuando cazó la pieza, "fue el mejor tiro" que hizo en su vida. Por ello, descartó dialogar con el dirigente nacionalista porque no le parece "serio" y se niega a involucrarse en "un cruce de injurias".

quarta-feira, abril 20, 2005

A PINZA QUE NOS ESGANA(BA)

Xa fai tempo que penso que houbo en Galicia unha pinza política que funcionou a perfección e que é co-responsábel do anquilosamento político do país. Falo, por suposto, do tandem Fraga - Vázquez, que nunha simbiose clara se alimentaban mutuamente. A plasmación é o intercambio de cromos, o PP a Xunta o PSOE Coruña. Funcionou con Felipe González (interese de apartar a Fraga da política nacional e mantelo controlalo) e por suposto con Aznar.

Un indicio desta relación de beneficio mutuo eran as declaracións dos susoditos persoeiros e os seus secuaces apoiandose explícita ou implicitamente (en eleicións municipais e nas da autonómicas).

Agora tócalle a Vazquez que, polo que se ve, non está aínda convencido de todo coa posibilidade de que o seu propio partido (co-) goberne este país. Está por ver o que pasa e non sei se irá desta pero o que teño claro que este matrimonio de conveniencia, esa pinza que nos esganou, rematará cos dous na tumba (política).

domingo, abril 10, 2005

VIRAVENTO

Supoño que a análise política depende tamén do estado de ánimo de quen a fai ( ben sendo algo así como a imposíbel loita do científico social por acadar a obxectividade...).

Hoxe vexo con pouco optimismo o futuro político do BNG e tamén o futuro deste país (aínda que, ben sei, unha cousa non implica a outra, ou si, como diría a mona de Rajoy, paradigma de político "gallego").

1ª Evidencia: Conversa con meu curmán, 34 anos, non politizado, do rural, camioneiro, até os "juevos" (ou iso di) de Fraga e do PP. Di, entre outras cousas, "a ver se desta o sacades daí, tamén a verdade que non hai moito onde escoller, porque o "outro" meu pobre". O "outro" de quen non coñece o nome con exactitude é Touriño, por suposto. Eu dígolle que bueno, que Quintana que tal, que non sei que... Pero non, para él o outro é o do PSOE, que nós non "entramos".... Corolario: temos o bipartidismo instalado até na médula e séguese a pensar en clave española. Non hai país (iso sendo 2ª forza no parlamento dende fai 8 anos, cousa que nidios sabe...).

2ª Evidencia: Chego a comer cos meus pais. Na cociña vexo un papel, unha citación para entregar uns documentos na cofradía (de mariscadores). Pregunto: que é esto?: Resposta de meu pai (desafiante, para joderme a min, vaia...): Vannos a dar máis cartos polo Prestige, esto é unha maravilla (faltoulle dicir o de sempre: a ver se vén outro!). É cando me cago en dios e comezo a darme conta que algúns berramos para que outros (incluído meu pai, si, aínda qu e despois taña algún retorno) chupen dos nosos impostos de xeito inmerecido (na ría de Muros-Noia as dúas últimas campañas marisqueiras foron excelentes, algúns nunca tanto gañaron como na campaña "do prestige", verídico).

3ª Evidencia: La Voz de Galicia: ler esa merda é para botarse a chorar. Fraga apelando ao levantamento popular, Fomento pagando diñeiro para dicir que nos poñen o AVE e o que faga falta; o titular da 1ª páxina un manifesto a favor do bipartidismo, en toda regra.

4ª Evidencia: Máis que media Galicia, boa parte dos meus colegas e todos os erasmus de Compostela, pendentes do puto Madrid-Barça. Neste país até os de esquerdas e nacionalistas son do Barça. O de antes, estamos colonizados até a médula...

En fin, a ver se me entra o sono prontiño e remata este puto día.

terça-feira, abril 05, 2005

Talante Quintana

Con traballo e talante Quintana vén de lograr un acordo no Senado para crear a conca hidrográfica do Miño. Sácalle de novo as cores aos senadores (galegos!) de PP e PSOE levando ao Senado un acordo do parlamento galego do 2002.

Nova mostra de que doado é gobernar para os cidadáns cando hai vontade e como o unha dose de pragmatismo é moito máis importante que manter sempre posturas bizantinas. Bótanse de menos, aínda, actitudes constructivas no BNG alí onde nos representa. Varias veces escoitei a Paco Rodríguez referirse ao seu traballo como unha "loita" eminentemente crítica, sempre a remolque das propostas dos demáis (en contra de...)...

Por certo. Recóllese na edición dixital de caseque todos os medios galegos (que a actualizan durante o día); agás nun: a que non adiviñades cal? A ver que inventan mañá na Voz para desacreditar o logro de Quin e do BNG...

sábado, abril 02, 2005

BEIRAS, BEIRAS, BEIRAS...

Teño un amigo que cando se pon tonto e lle fas saber que se está poñendo tontito, non é capaz de parar e cada cousa que di ou acto que realiza, o único que fai e empeorar o asunto.

Algo así lle pasa a Beiras quen, ou moito me engano e nos engana, ou amosa unha absoluta incapacidade de xestionar unha situación como a actual. Cada declaración só fai empeorar a situación anterior, danándose a el mesmo -e parte do prestixio político que atesoura- e sobre todo e o que é peor ao BNG.

O BNG sae mal parado tanto internamente como externamente. Do segundo teremos mañá boa mostra na Voz de Galicia, do primeiro está por ver. Porque a dialéctica Beiras-UPG, como definitoria do actual BNG, é falsa. O que penso é que Quintana está creando unha terceira vía para renovar ao BNG, creando apoios e correntes que se alonxen do tradicional xeito de funcionar do BNG, monopolizado polos distintos colectivos, en especial pola UPG. A súa proposta de cabezas de lista para as autonómicas é unha clara mostra desto (polo menos polo que se sabe até o momento).


Pd. Perdoade o exceso de frialdade... pero menos mal que morreu hoxe o Papa, a algúns na Voz vailles fastidiar a portada.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet