quinta-feira, fevereiro 26, 2009

PARA QUE REMATE ESTA VERGOÑA...

Para librarnos dos señoritos centenarios que foron e son a ruina deste país.

VOTA BNG!

segunda-feira, fevereiro 23, 2009

A CAGADA DA CAMPAÑA


Nalgún sitio lin ou escoitei que as campañas pouco mudan as intencións do eleitorado pero que, en calquera caso, é máis doado nas mesmas perder votos que gañalos. Pois ben, sen mudar moito as cousas, a cagada de Oia vai restar votos que quizais impidan uns bos resultados do BNG o domingo.

Sen pecar de resabido, teño criticado algúns xestos que empañaron o excelente traballo de Quin na Xunta e no BNG. É triste que, a xeito de colofón -e máis alá das responsabilidades concretas- ditos xestos marquen agora a campaña e mesmo nos poidan ter un custe significativo. Na política democrática as formas contan, e moito.

As consecuencias destes xestos van variar moito segundo o resultado do domingo sexa un ou outro. Por suposto, aínda que algúns salienten o tema facéndolle eco á media madrileña, non será iso o que eventualmente bote abaixo o bipartito, senón o continuismo do PSOE non tanto nas formas, aínda que tamén, como sobre todo no fondo. Tamén a nível interno, na casa común, algúns se frotan as mans. Pero iso é outra historia...

sexta-feira, fevereiro 13, 2009

A RETÓRICA CONVINCENTE: QUIN O NEOFALANTE

terça-feira, fevereiro 10, 2009

LOSADA NON SE ENGANA

Ogallá os resultados do 1 de marzo o contradigan...

A quen lle empatou Santiago Rey Fernández-Latorre?


O goberno poderá equivocarse en moitas cousas, pero representa aos cidadáns, foi democraticamente escollido por todos nós.

A quen representa este señor salvapatrias e provinciano?

sexta-feira, fevereiro 06, 2009

LA COSA DEL GALLEGO

A FESTA É O ÚNICO CAMIÑO.


O Gram Gaby
Cargado por seioque

quinta-feira, fevereiro 05, 2009

TEORIA DA CONSPIRACIÓN

Hai quen agocha o nome do seu candidato.
Hai quen non está particularmente preocupado por medrar.

POLÍTICA E PODERES FÁCTICOS I

Ao fío da furibunda campaña de La Voz de Galicia contra o BNG e, en particular, contra Anxo Quintana, xurden un par de ideas que quería compartir.

1º Máis alá da retórica coa que cubrimos os discursos, o certo é que o BNG -e en particular Anxo Quintana como interlocutor cos "grandes poderes"- non se está a comportar como o resto de forzas e líderes políticos do país. Non sabemos se se enruga máis ou menos, pero que non se enruga diante do principal poder mediático do país -polo menos de momento- está ben claro.

2º A menos dun mes das eleicións semella vislumbrarse con claridade o escenario eleitoral. A reedición do bipartito é un feito, xa que logo a grande loita é a distribución interna do poder. É obvio que La Voz de Galicia está cómodo co PSOE pero non co BNG, por iso está a facer o que está a facer.

Coido que é o momento para que os que cremos que esto é un país e que somos capaces de xestionalo a favor das maiorías sociais, internamente e no mundo, tomemos boa nota do que hai e non equivoquemos os nosos tiros (simbólicos).
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet