Porque nun blog de política hai que falar de política...
Rematou a Asamblea Extraordinaria do BNG; igual puidera pensarse que resultou intranscendente, pero non tanto como se cre. Un par de cuestións ao respeito:
- "O Partido Galeguista do Século XXI". Gostará máis ou menos, pero Quintana ten estratexia e non a agocha. Abrir o BNG á sociedade, nada de sectarismo. Adeus ao "nacionalismo de salón". pragmatismo, moito pragmatismo,
tanto que incluso a algúns nos raia.
-"Logros do BNG no goberno". Apartando a necesaria propaganda mediática hai algo que se me antolla como un grande logro, visto en perspectiva. Máis alá das renuncias e do exceso de pragmatismo que algúns albiscan, o BNG de hoxe, o de Quintana, é capaz de facer realidade moitos vellos anceios da esquerda nacionalista: Enerxía, vivenda, servizos sociais, medio rural, cultura.... hai avances innegábeis. O BNG de Beiras teorizou e debateu sobre isto... o de Quintana, seguramente con erros, ponos en práctica. Por separado igual puideran parecer proxectos incompletos, xuntos non... habería que poñer isto máis en valor. Como fixo hoxe o voceiro nacional.
- "Quen manda no BNG?". Esta é a grande incógnita que esta asamblea non clarificou porque tampouco conviña facelo. Consolídase o matrimonio de conveniencia UPG-QNG; se atenderamos ás pautas ideolóxicas, a viraxe estratéxica do BNG viría acompañada dun fortalecemento dos segundos e un enfeblecemento dos primeiros. Sen embargo, se do primeiro temos algunha sinais non absolutamento definitivas, do segundo apreciase máis ben pouco. Isto sérvenos para entender mellor o que é hoxe o BNG pero, o dito, non nos aclara a pregunta de inicio.