A Ría de Muros Noia na Grande Pantalla
En fin, non ía ser todo Política (primeira promesa incumprida).
Hoxe fun ver "La Mala Educación" de Pedro Almodovar: unha caca.
Ben, recoñezo que de cine, máis ben pouco, pero que se lle vai facer -aínda así opino porque me da a gaña.
A verdade é que o Almodovar nunca me gustou, recoñezo que ten estilo propio, e seguro que as súas películas fixeron moito pola liberación sexual, mesmo pola transición á democracia, se queredes. Agora, polo demáis, pouquiña cousa; e nesta película... coño! e que non hai por onde collela. O argumento patético, as escenas resabidas...
Nada que ver coa outra película que triunfa estes días e da que todo o mundo fala (incluído algún insigne persoeiro de triste figura). "Mar Adentro", claro. As dúas teñen como nexo a ría de Muros-Noia, por certo, aínda que Almodovar lle dera (por que?) por chamarlle Ortigueira á Pontenafonso (aínda que o link é de Outes, o que se ve é a parte pertencente a Noia).
Só a forma de recoller o mundo rural galego da conta do que é coidar os detalles en algo que, digo eu, vén sendo coma un fillo teu: a túa creación. Ben é verdade, e nesto ten razón o ínclito, que en Mar Adentro non é críbel que a cuñada de R. Sampedro ou mesmo que o seu fillo, se expresen só en español. Esto, para os que realmente sabemos de que vai o conto, quítalle un algo a película. Pero tamén tes a sensación de que o que é unha realidade tristemente patente: a situación sociolingüística galega (e o contraste coa catalana), transmítese á perfección. E acabas disecado, tamén...
En fin, que desta volta non me emocionei (nada chico, nin un asomo de pel de galiña, nada de nada...) vendo a casa (nº 52, pode ser?) que tantas, tantas veces, vin pola ventaniña do Castromil (estando, como estou, a varios milleiros de quilometros de distancia).
Almodovar macho, tómate un bo descanso.

0 Comments:
Postar um comentário
<< Home