O BNG e a Constitución Europea
Teño un amigo que está desencantado co BNG, considera que o pre-posicionamento respecto da Constitución Europea é outra gota máis... E eu estou dacordo.
Veño de ler as declaracións de Camilo, convenientemente peneiradas por esa desgracia para o país que é La Voz de Galicia. A falla de ter analisado polo miúdo o tratado en cuestión, a opinión de Camilo paréceme a máis autorizada ao respecto. Posicionarse en contra non só me parece un erro táctico senón tamén non (querer) ver o que implica a construcción europea para os que sendo internacionalistas, defendemos o dereito de tódalas nacións a seguir existindo.
Paréceme especialmente grave que a dirección redactara un documento tan sesgado; dende un principio sospeitei que se facía para contentar a algúns... e estou farto de tanta reverencia. Entendo que Quintana ten que andar con "pés de chumbo" pero ás veces hai que ser máis valientes... porque os cidadáns non esperan por nós. Cada día estou máis convencido tamén da fraqueza ideolóxica dos amigos da UPG. Pasóuselles o arroz, sinceramente... e son o principal atranco para que o BNG sega sendo unha ferramenta útil. Ler opinións como esta, lévame a pensar como moita outra xente: que faltan argumentos e que sobran prexuizos. Tampouco quero descargar todas as tintas na UPG, hai un certo esquerdismo "fácil" que impregna toda a organización que non se da conta do importante que son certos debates e decisións.
Eu sigo crendo que o BNG é útil e necesario. A razón é esa extrana sensación de que mesmo neste tema, o debate e o posicionamento do BNG é o que -dun xeito ou outro- é o único que se dá no país. No PP non se debate obviamente, e no PSOE tampouco -sobre todo cando gobernan en Madrid e están que non lles cabe un palla no cu (por certo que esa petición de que a Xunta se implique no "si" paréceme unha auténtica tomadura de pelo e algo plenamente antidemocrático).
En fin, que estes son os vímbios...

0 Comments:
Postar um comentário
<< Home