EQUIDADE, IGUALDADE E OUTRAS LERIAS
En relación aos 2.500 € ao mes por raparigo nacido xurdiron algunhas opinións que dan lugar a discusión.
Primeiro, efectivamente, electoralista é moito. Non só porque existe unha carencia obvia de servizos de atención a infancia (aínda que esta é unha competencias asumida polas comunidades autónomas). Moito máis interesante tería sido prolongar, canto menos até os 6 meses, o permiso por maternidade. Os que coñecen algo o mundo da empresa, e sobre todo as nais, saben o curto que se quedan os 4 meses. E os custes económicos que a uns e a outros lles xenera.
A cerca da regresividade da medida tamén ten bastante de certo. Non ter en conta a renda da nai, pai ou da parella, destinatarios das axudas, non resulta equitativo. Aínda que sexa igualitario, non é equitaitivo tratar de igual xeito a realidades diferentes. Ao fío desto compre, sen embargo, sinalar que isto non se entende de xeito igual en tódolos sitios. Un exemplo son as axudas a estudantes universitarios.
Chamoume a atención, nunha estadía en Dinamarca, como os estudantes universitarios dinamarqueses accedían a (elevadas) axudas para vivendas e estudos, independentemente da renda familiar. Cuestionada por min a equidade de tal medida, pois en Galiza-España, é ben sabido que os estudantes reciben bolsas en función da renda das súas familias, a resposta foi contundente. Para que exista verdadeira igualdade (e alí algo saben diso) o trato do Estado ten que ser idéntico, independentemente dos recursos das familias dos estudantes.
Pódese comprobar que, no caso dinamarqués, o estudante é un suxeito de intervención das políticas públicas en si mesmo, diferenciado das súas familias. Dese xeito consíguese tamén dotar de autonomía aos mozos e mozas, independentemente das rendas familiares, autonomía que non obterían os xovenes de familias con recursos, de utilizarse o noso modelo.
É unha proba de que como medidas que nalgúns sitios resultarían regresivas, noutros lugares conseguen promover a percepción de igualdade e as posibilidades de liberdade individual.
Equidade: Cualidade que consiste en dar a cada un o que se merece en función dos seus méritos ou condicións.
Igualdade: Condición ou circunstancia de ter unha misma natureza, cantidade, calidade, valor ou forma, ou de compartir algunha cualidade ou característica.

3 Comments:
Neste correo: barreiro61@gmail.com
Algo de razón tes na medida eleitoralista dos 2500 euros, pero se pensas que as medidas tomadas polo Sr. Vicepresidente da Igualdade e Benestar, na Orde do 23 de Xullo de 2007, subvençonando accións a favor da conciliaçon da vida persoal, familiar e laboral, son algo melhores, a min, persoalmente dame a risa, semelha unha autentica coña mariñeira.
Descoñezo a orde da que falas pero unha cousa non quita a outra.
Postar um comentário
<< Home