quarta-feira, julho 11, 2007

POLÍTICA EXTERIOR


Ao fío do informe presentado polo ex-presidente Laxe en relación á acción exterior de Galiza, dúas reflexións:


a) A política exterior é a grande esquecida do BNG. O problema non é que isto se deba exclusivamente ao resultado das negociacións, é que o BNG non ten estratexia internacional seria. É mostra tamén da pobreza de ideas nas que se move o bloque, atrapado entre posturas anquilosadas de cara a galería (interna) e o pragmatismo-populismo máis ramplón. Hai vimbios, pero non hai quen se poña a facer cestos.

b) Da rabia que sexa o PSOE quen tome a iniciativa neste sentido, independentemente de que lle tocara nas competencias. Rabia polo exposto antes, e rabia porque -en realidade- non se pode confiar en que o PSOE vaia a practicar unha política exterior seria para Galiza. Para facelo, hai que concibir Galiza máis alá dos pirineos, cousa que -polo que se ve- só lle entra no maxín a algúns (poucos) nacionalistas.

c) Perdón, son tres ideas; dende vicepresidencia tamén se fai política internacional.

1 Comments:

Blogger Clara Flor said...

Obrigada polo apunte e por adxudicarme a nova profesión de vimbieira,se se di asi. Loitar por unha política exterior galega é un obxectivo vital para esta artesana, e como ben di vostede, non se fai só, se non se conta con estructura nen con criterios, definicións, nen apostas contundentes e planificadas. Mudanzas hai, non teña dúbida, sobre todo dende 1999 co escano europeo. Máis non se informa da estratexia actual, só de pinceladas, non se difunde como no caso doutras politicas sectoriais. No caso do acordo de Goberno da Xunta, o BNG cometeu un profundo erro ao non esixir partillar as competencias exteriores. Ate o momento que non se asuma a creación dun departamento de exteriores do Goberno galego transversal e independente, que una asuntos de relacións internacionais clásicos con relacións coa cidadania galega no mundo, seguiremos facendo muros de oportunismo, valados para a estratexia e a amplitude do valioso tesouro que temos espallado, a xente. Non é unha idea nova, xa ven da Xeración Nós. Seguiremos falando.

1:30 AM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet