segunda-feira, junho 02, 2008

EÓLICOS: O OURO NEGRO GALEGO

La Voz de Galicia anda preocupada porque a consellería que xestiona as concesións eólicas é do BNG. Seica unha decisión tan importante non pode recaer na 3ª forza política galega. Unha maneira coma outra calquera de dicir “que hay de lo mío”, á que –por outra banda- nos ten moi acostumada o devandito grupo mediático.

A La Voz de Galicia preocúpalle agora que se poidan revender as concesións, ao igual que no goberno anterior. Eso ó que recollen nos titulares. Logo explican que só poderá facerse unha vez que o parque eólico estea funcionando e conectado á rede, á diferenza do que acontecía co goberno anterior. Unha diferenza máis que significativa pero que sen embargo queda en segundo plano, atendendo aos intereses de La Voz de Galicia.

A xestión das concesións eólicas é seguramente un dos temas que máis necesidade ten de sair á luz de todos os vinculados co goberno Fraga. Se é certo o que este xornal nos di agora estariamos falando de situacións que raian á incompetencia e o favoritismo en descargo dos orzamentos públicos. Se a iso lle engadimos as monumentais cuantías de diñeiro das que estamos a falar os argumentos a favor dunha comisión de investigación no parlamento estarían servidos.


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet