INCOHERENCIAS
Queixábase amargamente X.L. Barreiro Rivas onte nunha radio galega (non na radio galega) da burda imitación do debate galego en relación ao debate español. Daba conta él da nula capacidade dos galegos de crear dinámicas propias, desa tendencia a imitar o que nos envían de Madrid.
Queixábase en castellano...
4 Comments:
Poucas voces tan autorizadas coma a súa e cun coñecemento tan profundo do país. En galego ou en castelán, aquí ou en la China popular.
Sensu contrario: acaso as propostas de Feijoo se apartan do que "nos envían de Madrí", por moito que as exprese en galego?
Concordo co do coñecemento que atesoura X.L.Barreiro Rivas do país e do ser do país. Noutro post de máis abaixo teño destacado iso.
Agora ben, respectando a liberdade de cada quen, se el se permite criticar a imitación -cuase colonial- dun debate de televisión (opinión coa que concordo en grande medida); eu permítome criticar o feito de que utilice a lingua do imperio nun medio galego para emitir tal xuizo.
Quen imita máis?
Pois eu vou alén. Barreiro non coñece tan ben o País como afirman Vostedes. Penso que desde hai un tempo coñece mellor o Vaticano, por exemplo.
En principio, coñecer ben o Vaticano non impide coñecer igualmente ben o País; eu diría que incluso axuda.
Postar um comentário
<< Home