domingo, novembro 16, 2008

BERBERECHOS, CEBOLAS E A TEORÍA DO VALOR-TRABALLO


Dicía meu tío onte que non entende porque se extrana a xente de que os berberechos vaian baratos. Dicía el que non pode ser que os berberechos valan máis caro que as cebolas pois o traballo que conleva plantar, coidar e recoller estas últimas é moito maior que o que se necesita para extraer os bivalvos. As cousas, sentenciou, deberían valer polo traballo que custa producilas.
Sen sabelo meu tío dou conta da teoría do valor-traballo, enunciada polos autores clásicos vai unha chea de anos e abandonada posteriormente -agás polos Marxistas e algún outro- coa chegada teoría Neoclásica de formación dos prezos. E é que a escaseza relativa por unha banda, e as preferencias subxectivas dos consumidores pola outra, fan que niso que chaman mercado os berberechos vaian máis caros que as cebolas...

Aínda así, a leitura para estos tempos é clara; en liñas xerais o prezo das cousas, agás en casos concretos, non debería alonxarse en demasía do traballo necesario para producilas.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet