segunda-feira, julho 28, 2008

ATADO E BEN ATADO


Xa está. No PSd¿G?-PSOE teñen ben clariño que de reforma do voto emigrante nada de nada... Pouco a pouco irán abundando as mensaxes do tipo "non permitiremos que se lles recurten os dereitos democráticos aos nosos emigrantes, bla, bla..." para xustificar o inxustificábel. A ver que di agora La Voz e demáis media provinciana, neste asunto que tanto airearon...

O caso é que o PSd¿G? non as ten todas consigo. Hai tempo que fuxíu a ínfima posibilidade do sorpasso ao PP (os resultados das xerais foron a "proba do algodón"...). En segundo lugar, saben que a crise económica, de afectar, afectáraos fundamentalmente a eles.; para proba un botón: nin foto queren con ZP, que ve como o seu outrora efecto se convertíu en influenza... que é como se lle di á gripe en inglés. E "last but not least", o problema é que se atopan ao final da lexislatura e -ao contrario que os seus socios- teñen ben pouco do que lucirse na súa laboura de goberno (próximo post, sobre a acción de goberno do BNG).

O pucheirazo da emigración é que os pode salvar, na miña (sempre demasiado optimista) opinión, de que o BNG recurte diferenzas e siga coméndolle as papas na laboura gubernamental.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet