quinta-feira, fevereiro 05, 2009

POLÍTICA E PODERES FÁCTICOS I

Ao fío da furibunda campaña de La Voz de Galicia contra o BNG e, en particular, contra Anxo Quintana, xurden un par de ideas que quería compartir.

1º Máis alá da retórica coa que cubrimos os discursos, o certo é que o BNG -e en particular Anxo Quintana como interlocutor cos "grandes poderes"- non se está a comportar como o resto de forzas e líderes políticos do país. Non sabemos se se enruga máis ou menos, pero que non se enruga diante do principal poder mediático do país -polo menos de momento- está ben claro.

2º A menos dun mes das eleicións semella vislumbrarse con claridade o escenario eleitoral. A reedición do bipartito é un feito, xa que logo a grande loita é a distribución interna do poder. É obvio que La Voz de Galicia está cómodo co PSOE pero non co BNG, por iso está a facer o que está a facer.

Coido que é o momento para que os que cremos que esto é un país e que somos capaces de xestionalo a favor das maiorías sociais, internamente e no mundo, tomemos boa nota do que hai e non equivoquemos os nosos tiros (simbólicos).
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet