sábado, abril 29, 2006

TODO O QUE FAGA O ESTADO PÓDEO FACER EUROPA


Leo con certa ledicia a nova sobre a conferencia dada por Quintana en Suíza. Xa é o momento de ir concretando discurso, sobre todo no eido internacional ou global, deixado a un lado no BNG. Onte mesmo falabamos vellos compañeiros da escasa visión do BNG ao abandonar ese eido na negociación do novo governo; tal e como ben tiña sinalado Camilo. Hai quen sabe moi ben desta necesidade e que seguramente é en parte responsábel da novidade no discurso Quintanista.

Concordo coa maioría do dito, Europa é un mundo de posibilidades; hai tempo que me anda polo maxín unha sentencia, a xeito de eslogan, que podería quedar como aparece no título do post. Para iso é necesario crerse Europa como algo máis que un invento dos mercaderes, como unha construcción interesante e necesaria. Agora que os "puros" xa non son o que eran, agora que están perdidos na voráxine da moqueta, agora tocaría dar a batalla das ideas.

Benvidos sexan os novos tempos, se son certos.

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Prezado Nygardsvej,

Descobrín a pasada semana o teu blog, e agora tódolos días devezo por le-las tuas análises: bon estilo, sintético e , por riba de todo, aportando grande sentido común. Non cre que no seo do nacionacismo oficial -ortodoxo??- haxa espazo para estas lerias.
Un galego e galeguista desde Madrid saúdache... e séguete...

Abraços,

Carlos David González
(mensagems@yahoo.es)

7:20 PM  
Blogger Nygard said...

Obrigado polo comment... Agardo que si, que tanta prédica vaia tendo acollida no seo do BNG. Por algo se comeza, non?

9:30 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet