quarta-feira, dezembro 14, 2005

AUTODETERMINACIÓN, ESTATUTO E BEIRAS



Tiven a oportunidade de desfrutar dunha charla de Beiras sobre os temas que lle dan título ao post e onde compartía mesa con Antón Dobao. Cheguei tarde e non puiden coller o fío deste segundo conferenciante, ademáis tiña un tono un pouco cansino, a verdade.

Logo veu Beiras. Explosivo, inxenioso nos xestos e nas formas, na linguaxe... o Beiras de sempre. Desfrutei moito, mais tamén saín coa extrana sensación de non estar convencido, en absoluto. Beiras usou os argumentos de sempre e constrúiu (ben construído) un discurso que non creo que diste moito do que podería ter pronunciado vai 25 anos:
- A actual Constitución é producto dunha transición pilotada pola internacional socialista e en última instancia pola Casa Branca.
- Desaproveitouse, daquela, a oportunidade de rachar coa dictadura e construír un Estado sustentado na convivencia das distintas nacións que o conforman. O Estatuto é dese xeito resultado dunha mera descentralización administrativa... non hai por tanto Estado Plurinacional.
- Agora estamos na encrucillada, segundo Beiras, de: a) independizarnos; b) participar na reformulación profunda do sistema de cara a facer o que non se fixo na transición. c) Modificar o Estatuto de cara a avanzar no autogoverno.

En fin, o que máis me preocupou é en primeiro lugar a abstracción que se fai da realidade social galega, como ser fose un ente homoxéneo absolutamente consciente da súa realidade nacional. Calquera sabe que iso non é así, e isto non é cuestión baladí, nin se amaña, a efectos xurídicos, con dicir que o 80% da poboación galega está colonizada.
En segundo lugar preocúpame fondamente o inexistente aggiornamento en canto a conceptos como o de soberanía. Xa o teño manifestado noutra ocasión, pero penso que termos como o de "soberanía compartida" do que fala Imaz no PNV, aínda sen estar completamente definidos, poderían ser máis acaídos á realidade histórica presente (quedáronme gañas de preguntarlle sobre esta cuestión ó Beiras pois el falou da "dialéctica" Arzallus-Imaz, decantándose polo que encarnaba o 1º). Se ben é verdade que os edificios hai que construílos dabaixo para arriba (é dicir, o Estado Español por lóxica debería estar construído polas nacions nel existentes - e estas polos cidadáns que as conforman), non podemos negar a votande de pertenza a España de moitísimos cidadáns de Galiza, de Euskadi e de Catalunya (especialmente no noso caso). E a estas alturas cóstame admitir que ese sentemento de pertenza non sexa tan lexítimo como o de pertenza a un proxecto nacional colectivo chamado Galiza.

En fin, débeche ser cousa do postmodernismo, pero xa atopo poucas verdades inmutábeis... (hoxe).

3 Comments:

Blogger Nygard said...

Só lin o texto por riba pero creo que lle servíu de guión para a conferencia de antonte.

Aprezoo como exercicio intelectual, moito, pero non lle dou a validez que podía ter hai 20 anos nin dende o punto de vista intelectual nin, moito menos, como baseamento para a actuación política.

2:28 PM  
Blogger Cesare said...

Das cousas inmutábeis, beiras.
Algúns inda o defendían.

6:55 PM  
Anonymous Anônimo said...

Beiras está xa amortizado. Apenas ten nada xa que aportar a un pensamento nacionalista moderno e á altura dos nosos tempos. Está off-side e el o sabe, aínda que se resiste a admitilo. Moita brillantez verbal pero pouca substancia no fondo: máis que dar unha conferencia o que fai é actuar como unha vedette de variedades.

Son palabras duras, pero é o que penso.

6:24 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet