quarta-feira, março 01, 2006

ETO'O



Non acostumo a traer o "deporte rei" a este diario pero hai cousas que claman ao ceo. O que se montou co tema dos insultos racistas a Eto'o no campo da Zaragoza é unha cuestión moi grave. Até por dúas veces tiven que discutir con sendos donos de bares ao respecto (eses que nunca se posicionan de nada para non ferir sensiblidades). A súa opinión creo eu que é a xeralizada entre os centos de milleiros de "entendidos de futbol" neste noso cacho de país: "o xogador no campo de futbol ten que aguantar o que lle boten dende as bancadas".

E unha merda. Hai cousas nas que hai que ser inflexíbeis e o racismo é unha delas. Non se trata dun insulto individual, senón colectivo. Ninguén pode escudarse na "multitude enardecida" que en plan manada de mamuts denostan a toda unha raza humana.

Por iso este post vai para Eto'o, porque efectivamente, non hai desculpa. É necesario un castigo exemplar.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet