O SILENCIO DE BLANCO VALDÉS
Onte puidemos ver e escoitar (algúns coma min atónitos) a entrevista a Arcadi Espada no programa de Carlos Luis Rodríguez. Contrasta a benevolencia amosada polo entrevistador, coa actitude agresiva amosada na célebre entrevista a Carlos Callón. Mesmo acabou solictándolle unha nota para a entrevista, a xeito de indulxencia papal, digo eu...
O ínclito defensor de Rosa Díez, que non só desculpou as verbas desta senón que as engrosou e tachou de parvos aos que nos molestaramos, veunos a dicir que algo pasa en Galicia cando un atentado "do seu amigo" Blanco Valdés ten menos repercusión que estas verbas. Só os delirios fanáticos españolistas, penso que no caso deste señor perefectamente calculados, poden levar a establecer relacións entre unha cousa e a outra.
E todo iso lévanos a preguntarnos as razóns polas cales ao Sr. Blanco Valdés, á la postre o maior opinador do (antigo) reino de Galicia, non se lle escoitou (eu polo menos non) opinión algunha sobre este asunto que ocupou a atención mediática nos últimos días.
Aínda que hai tempo que este personaxe xa engana a pouca xente, sería bo que esa pouca se convertira en ningunha.
4 Comments:
Blanco Valdés opinou sobre as declaracións de Rosa Díez no anterior 'Foro Aberto': http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=09/03/2010%2023:57:30&fecha=01/03/2010&arquivo=1&programa=FORO%20ABERTO&id_programa=658
(a partir de 01:06:00)
Non a escoitara o cal muda parcialmente o sentido do escrito máis arriba. Dígoo porque na súa columna da voz non apareceu nada... Aínda así, despois de escoitar a intervención queda claro o seu desexo de restarlle improtancia ao tema, ao igual que o de Carlos Luis Rodríguez que corta e cambia de tema ao pouco tempo.
Contrasta isto co feito de que unha semana despois convide a Arcadi ao programa. Nos dous casos paréceme que o obxectivo de desculpar a Rosa Díez está claro.
Non entendo como a TVG convida a un tipo como Espada para que nos insulte, paréceme demencial. Dar voz a quen nos despreza e insulta.
Hola, hemos agregado un trackback [ver más]
Info sobre la legionella
Info sobre la l carnitina
Info sobre el ginseng
Info sobre el harpagofito
Info sobre el chitosan
Info sobre el carbonato de magnesio
Postar um comentário
<< Home