terça-feira, setembro 29, 2009

QUE LLE PASA Á SOCIALDEMOCRACIA EUROPEA?

Os resultados das recentes eleicións en Portugal e Alemaña (así, en orde de importancia para nós...) poñen de manifesto a crise na que está instalada a socialdemocracia europea. Nun momento ademáis onde deberían ser os conservadores, que idearon e impulsaron as políticas que causaron a crise económica, os que cargaran coas culpas.

Un par de apontamentos ao respecto:

  • Tanto en Portugal como en Alemaña a caída dos socialdemócratas (8 puntos o PS e máis de 11 puntos a SPD) non é compensada pola subida das outras opcións de esquerda (en Portugal o BE sube 3,6 puntos e o PCP apenas 0,4 puntos; en Alemaña DL sobe 3,2 puntos e Os Verdes 2,6).
  • Os partidos situados máis á dereita ideoloxicamente (de matiz conservador en Portugal, liberal en Alemaña) experimentan unha suba semellante aos partidos situados máis á esquerda (en Portugal o CDS-PP sube 3,2 puntos ate situarse como 3ª forza política co 10,5% ; en Alemaña os Liberais suben 4,8 puntos convertíndose en 3ª forza política co 14,6% ).
  • A abstención aumenta en ámbolos dous casos.

A primeira vista tiraría as seguintes conclusións:

  • O desencanto coa socialdemocracia é evidente.
  • Ese desencanto non se manifesta nunha suba espectacular dos partidos situados á esquerda da socialdemocracia. É dicir, nin a esquerda "moderna" nin a "antiga" resultan especialmente atractivos para o electorado. Sen dados que o confirmen, entendo que os votos que perden os socialdemócratas e que non van para os outros partidos de esquerda van en boa medida para a abstención...
  • Suben os extremos do arco ideolóxico en ámbolos dous casos, propio dunha época de crise... ao meu ver.

O meu diagnóstico, así, a golpe de martes, é que a socialdemocracia europea leva tempo dando bandazos en materias importantes, como a política económica, que desorienta e disgusta a unha parte importante do seu eleitorado. Necesita por tanto un paradigma sólido, na medida do posíbel hoxendía, e iso danllo formulacións clásicas da socialdemocracia (nomeadamente defensa do estado do benestar e regulación económica keynesiana, etc...) aínda que convenientemente aggionardas (Estado do benestar eficiente, keynesianismo verde, etc). É dicir, innovar a partir do existente.

A sociedade non semella gostar dalgunhas apostas que se din innovadoras pero que en moitos aspectos son batiburrillos que misturan vellas formulacións con outras máis interesantes. (A que me soa isto?)

Seguiremos...

4 Comments:

Blogger Unknown said...

Interessante análise. Eu também fiz a minha. Fique à vontade de ver:

http://aconjuradosnescios.blogspot.com/2009/09/queda-dos-gigantes.html

5:17 PM  
Anonymous Italiano said...

Boa análise.
Eu remarcaría que na fórmula "innovar a partir do existente" o primeiro elemento debería ser o mais forte, porque ata agora a socialdemocracia dedicouse demasiado ao existente e esta é tamén a razon do fracaso.
Faría falta unha nova creatividade "ideológica", para pensar un paradigma que sin volver aos queixumes anti-todo da que defínese esquerda "radical" (aínda sexa a mais conservadora), teña a forza e o coraxe de cuestionar tamén algúns aspectos do capitalismo (por exemplo, o papel do mundo financiero no sistema económico dun País).
Queda unha cuestión: a eleboración deste paradigma ten que ser transnacional. Porque, aínda unha socialdemocracia deste tipo goberne nun País, non podrá oponerse soa a forza do neoliberismo globalizado.

4:22 PM  
Anonymous Italiano said...

Tres exemplos do debate sobre o futuro da socialdemocracia en Italia:

http://www.unita.it/news/commenti/90481/bad_godesberg_anni_e_non_sentirli

http://temi.repubblica.it/micromega-online/il-dna-della-socialdemocrazia/

http://temi.repubblica.it/micromega-online/socialdemocrazia-magari/

4:21 PM  
Blogger Nygard said...

O 2º artigo xa o lera, está traducido no país, un pouco duro de máis dende o meu punto de vista...

11:29 AM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet