segunda-feira, dezembro 12, 2005

LINGUAXE RANCIA

Só con ánimo de contribuír e matizar pero, ante o ridículo inmenso feito polos comentaristas da brunete mediática (con "anexos" periféricos incluídos) así como por determinados políticos e representantes de CC.AA limítrofes, non podería o noso "vice" utilizar outra linguaxe?

Non é unha agresión a Galiza (como me recorda iso a linguaxe dos puros) é un ataque desmedido, ridículo e patético a unha proposta lexítima do BNG, que representa unha parte importante do povo galego.

É parecido pero non é o mesmo. unha é unha expresión rancia e outra é unha resposta política contundente.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet