domingo, maio 21, 2006

LEITE RÍO, EMPRESARIOS E PAÍS


Aproveito que estaba co ordenador mentres vía a TVG para postear algo que xa me viñera aí atrás ao maxín. Todo ven ao conto do anuncio de Leite Río onde unha señorita cámara de TV, segundo nos relata a propaganda, anuncia nun castellano foneticamente galego as bondades do leite en cuestión.

Sigo tristemente sorprendido da fortaleza da diglosia que leva a un grupo empresarial galego a anunciarse en español nunha canle de TV que utiliza exclusivamente o galego na súa programación. Pasa tamén cos supermercados, que sexa Eroski quen teña que exemplificar... Que pasará polo maxín dos responsabeis de marketing da empresa?
a) Es que hay gente que lo ve que no entiende el gallego (os turistas).
b) Es que a lo mejor un día damos el paso y lo anunciamos a nivel "nacional" (o anuncio emítese só en GZ).
c) Es que sociologicamente está "estudiado" que en castellano se vende más (Pedro Arias ou Miguel Cancio...).

O máis triste é que do grupo empresarial de Leite Río disque depende a (re) conformación dun grupo lácteo galego... ¿Con empresarios "autóctonos" como estes, quen quere multinacionais de enclave?

O raquitismo burgués, aí segue.

2 Comments:

Blogger toxonocú said...

Sorprenderíame moito que ese anuncio pasase por un departamento de márketing ou algo parecido.

Máis ben ao contrario. O que demostra o anuncio é que os profesionais saben que o galego vende, e os únicos que se resisten a crelo son os que fan anuncios cutres e ridículos, que seguen pensando que en español nos queda mejor.

O anuncio é tan diglósico que resulta ridículo, e coñezo a moita xente que se parte máis vendo o de leite Río que o de Amo a Laura. A diferenza está que nos rimos coa MTV pero nos rimos de leite Río.

12:15 AM  
Anonymous Anônimo said...

Topei co teu blog, buscando haber se atopaba unha captura de pantalla do devandito anuncio para un post, para falar da vergoña que me produce ese anuncio. Cada vez que teño a desgraza de velo, venme a mente caspa e máis caspa, parece a parodia dun anuncio, ... É irreal, menudo publicista ó que se lle ocorreu. Creo que calquera neno de 5 anos seria capaz de facer un anuncio con máis gancho.

Para compensar temos outro anuncio de leite (Larsa, creo...) rapeado que está bastante orixinal e en galego.

12:25 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet