quarta-feira, julho 19, 2006

VIVA GALIZA?


A ver, ninguén lle pode explicar ao noso Quin que a "populitis" pode ser contraproducente?

É a segunda vez que lle escoito ese "Viva Galiza", a primeira foi na amarga noite eleitoral dos 13 deputados, que tan lonxe fica. A segunda agora, co SMS de felicitacións a Oscar Pereiro.

Pois non macho, así non é. Aínda que só sexa por cuestión de marketing, agora que tan profisionalizados estamos (falta facía, eh!), os vivas a Galiza, así: a secas, non quedan ben. Sonan a chauvinistas e nós, nesta casa, creo que nunca o fomos. Se acaso algúns, que teñen ideoloxías nas que non cren, e non teñen onde agarrarse.

De verdade, iso quédalle moi ben a Manolo Escobar, a Paco Vázquez, a Rajoy, a Bono e a todos eses. Pero eu por aí non paso, por moita "moderación" e moita "profisionalización" que defenda.

O peor é ese mal sabor de boca que che queda, cando non sabes se o di por erro ou porque realmente o pensa.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet