quarta-feira, novembro 22, 2006

EL PAÍS GALLEGO

Merquei hoxe o estreno da nova edición Galiza de El País. Non tiven aínda tempo de ler en profundidade todo o que alí pon pero atinan en moito:
- Da unha imaxe da Galiza moderna, que innova, que avanza en diversos eidos.
- Sinala as problemáticas do país: ordenación do territorio (by the way, que vai pasar até a aplicación dentro dun ano da "lei de medidas urxentes"), "eucaliptismo", etc...
- Bos articulistas; F. Varela fai unha boa diagnose do Bloque; fodeume ter que ler a X.M. Pereiro en Español,...

Así e todo a imaxe, contextualizada, é ben triste... nen sequera temos capacidade para soñar por nós mesmos. Véñennos dende a metrópole a indicar o camiño. O canón a pagar chámase España e PSOE, claro... Toda unha metáfora do que seguimos sendo; por moito que El País o pinte de rosa (e a algúns se lle ensanche o esfinter ao pensar "por fin").

2 Comments:

Blogger abalante said...

Efectivamente, por que en castelán? É verdade, vén de "fóra", pero os xornalistas son todos galegos... e logo que está pensada, para que a lean en Madrid?
Sinto repetir queixas de sempre, pero que só "as páxinas culturais" estean en galego... !!!

9:10 PM  
Anonymous Anônimo said...

Alégrame ver que a xente da cultura galega se congratule da chegada de El País. Alegroume tamén velos a todos na presentación, aínda que tiveron que comerse o marrón de escoitar a Cebrián (grazas pola sinceridade, Juan Luís) dicindo que "xa Alfonso X O Sabio escribía poems en galego pero as leis escribíaas en castellano" (a tradución é miña).

Sei que foi duro escoitalo para algúns dos que estaban alí, pero bueno, outros prefiren quedar coa anécdota do discurso do delegado en galego e fixarse en que fan a publicidade en galego.

Si, estou de acordo en que a chegada de El País debe facer espabilar á Voz, sobre todo en temas culturais.

Polo demais, alegrarse de que veña Polanco agora que a pota do caldo está chea de berzas, de lacón e de bo touciño, paréceme de inxenuos. (E de colonizados, pero iso non o vou dicir en alto)

Agora que foi aprobada a Lei de Transparencia pregúntenlle a Fernando Salgado e ao seu conselleiro Méndez Romeu (creador da lei) por que non fan públicas as axudas a medios. Que o fagan e verán como lle regalaron ao Sr. Polanco máis de medio millón de euros por aterrar nesta provincia pobre.

1:07 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet