NACIONALISMO PALETO
Ler novas coma esta prodúceme arrepío. É así, hai xente -máis destacada do que puidera parecer- que non entende o nacionalismo como un movemento aberto ao mundo. Aínda por riba non fan máis que darlle argumentos aos cidadáns máis desconfidados do BNG.
Hoxe máis que nunca: Galiza célula de universalidade.
Hoxe máis que nunca: Galiza célula de universalidade.
3 Comments:
Imaxino que un sempre pode facer a lectura contraria.
A min particularmente pareceume unha versión extremadamente horrible, como o foi tamén aquela das Leilía o día que lle entregaron a medalla á Real Academia.
Certas cousas solemnes esixen esa seriedade que lles faltou en ambos casos, vamos, que os experimentos mellor con gaseosa... agora que claro, igual non pintan tan "cool" ou modernos.
Todo é cuestión de gustos, tamén hai que dicilo; iso é libre.
Fernán da Veiga
Prezado Fernán,
Unha cousa é que a versión fose máis ou menos afortunada. Outra moi distinta é considerar que a simboloxía é intocábel. Xustamente iso é algo que caracterizou e caracteriza ás concepcións máis próximas ao jacobismo e o chauvinismo como poden ser as do Estado Español ou Francés; concepcións que creo eu están para ser superadas.
En calquera caso, todo é opinábel, claro.
Obrigado polo seu comment.
Postar um comentário
<< Home