terça-feira, setembro 18, 2007

E AGORA 210 € PARA ALUGUER

Segue na súa liña populista o goberno ZP...

Agora cunha medida que quizais teña certo sentido no fondo pero que da lugar a numerosas, e sobre todo graves, dúbidas. É verdade que, por unha banda, se usa o (grande) superavit para abordar (ou tentar) un problema social grave. Pola outra, é unha medida que axudará a suavizar a grave crise do sector da construcción e inmobiliario (temos que ter en conta que impulsa unha importante bolsa de demandantes no mercado pois os xovenes españois entre 22 e 30 anos non se caracterizan por estar emancipados). Aínda así, estas son algunha dúbida prantexadas:

a) As competencias sobre vivenda tenas, en particular no referido a medidas concretas, téñenas en grande medidas as autonomías. A primeira pregunta que xurde, no noso caso, é como coordinar esta axuda co programa de axudas ao aluguer da Xunta?

b) A Xunta tivo que modificar a antiga bolsa de aluguer polo numerosos casos da fraude aos que estaba a dar lugar. Ex: Unha parella vive nun piso dos que é propietario o pais dun dos membros da parella. Bastaba con que o outro membro alugara o piso para beneficiarse dunha axuda de xeito fraudulento. Para iso a nova Consellería creou un rexistro de ofertantes e demandantes de tal maneira que non houbera contacto entre caseiros e inquilinos potenciais. Que vai facer o goberno de Madrid para artellar algo dese estilo cando ese ministerio non ten estrutura de ningún tipo en Galiza (recordamos, de novo, que é competencia da Xunta).

Unha medida deste tipo só tería sentido se a aplicasen as CC.AA. Pero claro, así non tería o efecto mediático-electoralista que se persegue.

A ver en que queda a cousa.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet