quinta-feira, junho 05, 2008

EL PAIS: QUE SE SAIBA











Recollo, polo seu interese, unha carta ao director atopada nun xornal galego.
"En relación ás novas publicadas polo xornal El Pais na Edición Galicia os días 1, 2 e 3 de Xuño onde se facía referencia a unha suposta validación irregular de vivendas por parte da conselleira Teresa Táboas, gustariame realizar diversos comentarios.
- Na información aparecida o 1 de xuño faise referencia a un informe do Consello de Contas onde se recollen as supostas irregularidades e apúntase que dito informe só está pendente da ratificación por parte do pleno do consello, unha vez que fora aprobado na comisión encargada da súa elaboración. Esta información é incorrecta pois, tal e como establece o artigo 7 da LEI 6/1985, do 24 de Xuño do Consello de Contas, correspóndelle ao pleno a aprobación (non a ratificación) dos informes. Estariamos por tanto diante dunha proposta de informe que non é nin público nin oficial, ao non estar aprobado polo organo competente.

- Unha vez que é evidenciado que a información recollida na proposta de informe do Consello de Contas é errónea e que a validación por parte da consellería de vivenda refírese en realidade a vivendas diferentes ás que a Conselleira Dª Teresa Táboas participara como arquitecta, chama a atención que El Pais se faga eco únicamente de que o "Consello de Contas rectificará a atribución a Táboas de pisos deficientes" esquecéndose de que viña de publicar unha información (cun potencial lesivo importante cara a Conselleira de Vivenda) baseándose en fontes erróneas e non oficiais pois o documento -reitero- estaba sen aprobar.

- Só queda rematar felicitanto a El Pais e ao autor do artigo pola súa capacidade para acceder a información de máxima relevancia por canles que, como é obvio, non son nin públicos nin oficiais."
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet