segunda-feira, fevereiro 23, 2009

A CAGADA DA CAMPAÑA


Nalgún sitio lin ou escoitei que as campañas pouco mudan as intencións do eleitorado pero que, en calquera caso, é máis doado nas mesmas perder votos que gañalos. Pois ben, sen mudar moito as cousas, a cagada de Oia vai restar votos que quizais impidan uns bos resultados do BNG o domingo.

Sen pecar de resabido, teño criticado algúns xestos que empañaron o excelente traballo de Quin na Xunta e no BNG. É triste que, a xeito de colofón -e máis alá das responsabilidades concretas- ditos xestos marquen agora a campaña e mesmo nos poidan ter un custe significativo. Na política democrática as formas contan, e moito.

As consecuencias destes xestos van variar moito segundo o resultado do domingo sexa un ou outro. Por suposto, aínda que algúns salienten o tema facéndolle eco á media madrileña, non será iso o que eventualmente bote abaixo o bipartito, senón o continuismo do PSOE non tanto nas formas, aínda que tamén, como sobre todo no fondo. Tamén a nível interno, na casa común, algúns se frotan as mans. Pero iso é outra historia...

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet