quinta-feira, março 05, 2009

BEIRAS

Falou Beiras, e fíxoo alto e claro, como de costume. Pero a min non me convenceu, o que vén sendo unha constante dende vai tempo.

Falou de refundar o BNG o que para Beiras implica recuperar as esencias do primeiro BNG.
Isto é, recuperar o frontismo na súa fasquía inicial. Un modelo que, na miña opinión, hoxe non ten nin xustificación teórica nin práctica. Teórica porque a realidade galega dinos unha e outra vez que non responde ás lóxicas do colonialismo tradicional, que é a que responde o modelo frontista. Práctica porque implica manter estruturas para aumentar as cotas de poder. É un absurdo pensar en reeditar a antiga permanente con Colectivos Socialistas, PNGs, ENs, EAs, MB, Irmandiños, UPGs...

Falou tamén de pedirlle perdón aos movementos sociais e de que o BNG sexa o partido reflexo deses movementos. Este aspecto é quizais o único novedoso do discurso de Beiras, aínda que el diga que xa o BNG era iso, que fora un adianto do que vai vir no futuro. Sen embargo tampouco comparto esta opinión. Os movementos sociais son unha cousa e os partidos políticos outra. Non coñezo organizacións políticas no noso contorno (que non sexan antisistema) que sexan correas de transmisión dos movementos sociais.

Fai falla outra cousa.

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Insistir no frentismo é um erro
O BNG nunca foi o que Beiras di que foi
Os movimentos sociais nom devem ser correia de transmissom dos partidos, os partidos nom devem ser correia de transmissom dos movimentos sociais, trabalham em ámbitos diferentes

7:21 PM  
Anonymous Anônimo said...

A min e a moitos máis gustábanos máis o BNG de Beiras

7:44 PM  
Anonymous Anônimo said...

Supoño que todo depende do tipo de partidos que queiramos. Un partido vencellado aos movementos sociais é, por definición, un partido máis democrático e máis independente doutros factores, como as empresas ou o poder central. Se a algo ten que cinguirse un partido político é á sociedade, non aos grupos de presión verticais. Non entendo como se pode dicir que partidos e grupos traballan en ámbitos diferentes. Ademais no caso do BNG hai unha hipocrisía implícita en rexeitar os movementos sociais, non esquezamos que chegou ao poder aupado pola reacción cidadá dos anos do Prestige, un movemento ao que traicionou xa antes de entrar en San Caetano. Naturalmente o que antes era un movemento lexítimo agora debe ser "antisistema". Vivir para ver.

No fondo o debate á se o BNG volve á esquerda ou continúa no centro socialdemócrata. E na esquerda somos moitos a agardar que o BNG volva. Claro, que se siguen por onde van non pasa nada, xa montaremos outra cousa. Mentres sigan espantando aos votantes non habemos ter falta deles.

4:35 AM  
Anonymous Anônimo said...

o mais paradigmático de todo foi que o BNG era o "representante" dos movimentos sociais (o que fiz que trunfara fronte à opção PSG-EG), mas nunca se "fiou" deles. Mais claro: a UPG nunca acreditou nos movimentos sociais porque não podia ter controle deles. Sim de ADEGA, SLG, ASPG, CIG mentras puidesse controlar. Já vimos como acabou a ASPG, a ADEGA e mais o SLG... Veremos como acabará a CIG neste próximo congresso. Olho! falamos do BNG, mas estamos ocultando os movimentos que se fraguam na CIG... e não esqueçais que é o movimento nacionalista mais importante do país.

2:48 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet