POR QUE?
Responder necesita cambiar de chip e moita reflexión polo que seguramente peque de precipitación.... e de simplismo.
Dúas razóns entrelazadas:
a) Crise Económica: no BNG (e no bipartito) non chegamos a capturar a profundidade da mesma, como lle está xa a afectar á xente (ou como percibe a xente que lle vai afectar xa). As razóns, haberá que debullalas máis adiante.
b) Goberno Sólido e Unido: é o que solicitaba a cidadanía diante da crise económica, é o que lle ofertou o PP. O BNG e o PSOE esforzáronse por parecer moi diferentes ao longo dos 4 anos, de pouco servíu non perder votación algunha.
Gañou o mellor? Non. Gañou quen mellor percibíu o anterior, quen fixo a campaña tendo iso moi claro.
Todo o demáis tamén conta, claro.
5 Comments:
Non concordo.
a) Os datos de participación poderían ser enganosos. Pode que PP e incluso UPyD mobilizasen moitos votantes que no 2005 quedaron na casa, ocultando en parte a probablemente alta abstención de antigos votantes BNG.
b) Non me parece que o bipartito fixese especiais esforzos por diferenciarse. Máis ben ao contrario: un perfil moi plano, querendo dar imaxe de goberno de xestión e menos ideolóxico. E así chegou o castigo a uns (ao BNG por ser pouco BNG) e a outros (ao PSOE por ser pouco PSOE).
Pois eu si que concordo. Agora seguro que lamentan no Psoe a non convocatoria de eleccións en outubro, cando a crise non era tan aguda. E os ciumes amosados polo Psoe pola xestión dalgunhas consellerías do BNG deixou unha imaxe espantosa: v.gr. concurso eólico.
Houbo cambio, como lembraba Antón Losada na ligazón dun post anterior; pero as cousas, ademáis de facelas, hai que vendelas.
Autocrítica, bouzafria, autocrítica. Algo se fai mal. Ata a autocrítica se fai mal. O bipartito foi un espellismo. O poder chegou cunha perda de votantes, malia a ilusión óptica que poidera crearse. Dende o 97 non hai nada que celebrar por méritos propios. E fai xa 12 anos.
A autocrítica foi patética dende entón. Os chamados culpables (o mundo contra o BNG) non variaron moito dende as orixes. Os poderes fácticos e blablabla. Si, existen e están aí, pero no 93 tamén existían e pasou o que pasou. No 97 tamén estaban aí, e houbo sorpasso. E onte o BNG gozaba de ventos a favor que endexamais sopraron na popa: o goberno e a, como mínimo, non-hostilidade do seu aparato mediático. Ainda así, continúa a caída libre. Pero sigamos pensando que somos os bos e xenerosos e que o pobo non nos merece. Se esa é toda a autocrítica que se vai facer preparémonos porque aínda non tocamos fondo.
artritis, cando falo de diferenciarse fal un do outro (bng do psoe) non o bipartito do goberno fraga.
Si, si, e así o entendín eu tamén. Mais, de feito, tanto ten. Nin foi tanta a diferenciación entre os dous nin co anterior goberno Fraga. Cando menos, non foi perceptible. Cando menos, non tanta como se agardaba. Houbo moitos erros de fondo e de forma. E moitos acertos de fondo provocaron erros nas formas. Un exemplo claro foron os bailes cos vellos. Non foron ben acollidos, por moito que nos escusásemos nas políticas asistenciais cara eles. A base do BNG nunca foi amiga diso, pero alguén pensou que non pasaba nada por botarlles unhas pezas. E como iso tantas outras cousas.
Tamén habería que falar do voto "ecoloxista". O movemento "Galiza Non Se Vende", por exemplo. Ou da posición respecto de Reganosa, tamén. Tratóuselles como traidores primeiro, para pedirlles paciencia ao final (e perdoa pola fonte, pero foi a primeira en saírme no Google).
Quédame a sensación de que se quixo romper o teito electoral e afundimos os alicerces. Foise a polo voto coxuntural e perdeuse o voto ideolóxico. Porque, malia a alta participación, estou convencido de que o voto BNG ou se fixo branco, ou nulo, ou quedou na casa, e esa abstención quedou disimulada pola mobilización do voto do PP, UPyD ou incluso TEGA moi localmente.
Toca cabilar moito. O malo é que xa tocou cabilar moito máis veces, e cabilouse mal. Fuxiuse cara adiante.
Os alicerces están moi tocados. Se cadra habería que recomezar por eles.
Postar um comentário
<< Home