segunda-feira, junho 22, 2009

DA ERA FEIJOO Á CRISE DA ESQUERDA EN EUROPA

O telexornal mediodía foi deses para recordar. O tratamento da inauguración da pranta de Pescanova en Mira, Portugal, foi tremenda... faltou a foto de Touriño e Quintana ao estilo do Far West "WANTED"; por culpábeis de que a panacea da Costa da Morte sexa agora de uso e disfrute dos veciños do sul.

Non se andan no PP con remilgos nestes asuntos. Os medios públicos son para machacar ao rival político e para contentar a eses poderes fácticos que gañaron as eleicións. Igual non chama tanto a atención que xa ninguén proteste ante estes procederes pois, ao fin e ao cabo, era o esperado. Pero o peor non é a falla de protesta, senón que é o enterramento de debates e disquisicións sobre asuntos de grande calado, tan vivos durante o bipartito. Entre eles a cuestión da reforma da Lei da CRTVG, a necesidade de compatibilizar crecemento económico e respeto medioambiental, e tantos outros...

O propio bipartito é un dos grandes culpábeis de todo isto. Pero un non pode evitar preguntarse onde está agora aquel sector social hipercrítico que tanto cuestionou as políticas do anterior goberno... Un non poder evitar pensar que ás veces hai pouca responsabilidade na crítica, por moi necesaria que sexa...

E isto enlaza cunha cuestión máis xeral como é a da crise da esquerda europea. Porque esa apatía á que nos leva o sistema non debería facernos esquecer que aínda que ás veces -non sempre- a escolla sexa unicamente entre o malo e o peor, non convén escoller o segundo.

1 Comments:

Blogger cneirac said...

Canto peor mellor.

Hai veces nos que o lume se combate con lume. para que non reste nada co que o incendio se propague máis.

9:43 AM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet