O mañá xa está aquí
Non son persoalista, creo nos proxectos colectivos e creo na sociedade no seu conxunto, como determinante das grandes tendencias. Mais hai momentos nos que as persoas, individualmente, xogan un papel fundamental. Por aí hai unha a que lle toca nestes días ser protagonista. Móvese como peixe na auga na realidade política que nos proxectan diariamente ... Xa xogamos nunha división diferente, presinto que as ferramentas, os métodos, as dinámicas de sempre van quedar obsoletas moi rápido...
Pero máis importante para o futuro, se cabe, é o que hai que facer na casa. Son momentos clave e as apostas están moi altas. Eu téñoo claro, quero o BNG que vin na campaña, quero un país novo.
Pero máis importante para o futuro, se cabe, é o que hai que facer na casa. Son momentos clave e as apostas están moi altas. Eu téñoo claro, quero o BNG que vin na campaña, quero un país novo.
2 Comments:
Concordo o País Novo precisa dun BNG Novo e Quin foi quen de amosarnos na campaña o perfil dese novo nacionalismo, fagamos porque non se malogre.
Vexamos o reparto de conselleiros... non é nada definitivo pero podería ser un indicador; sobre todo porque os da "triste figura" non deixan pasar unha.
Permítome unha quiniela que ademáis me satisfaría:
- Suárez Canal: Mundo Rural
- Ánxela Bugallo: Cultura
- Suso Veiga: Industria
- Encarna Otero: Vivenda
Postar um comentário
<< Home