quarta-feira, maio 11, 2005

A PUTA VOZ

En principio non son partidario da intervención pública no funcionamento da empresa privada, a menos que haxa boas razóns para iso. Neste caso hainos. Un dos meus desexos é que, unha vez no goberno galego, ademáis da presidencia nos "toque" a consellería de Cultura. O seguinte sería deportar (si, a Siberia), á actual dirección de La Voz de Galicia.

Supoñamos (un supoñer) que o portavoz municipal do BNG da Coruña, Henrique Tello, dimite como responsábel local ao non ser incluído nas listas e pon a parir ao seu partido (a 1 mes das eleicións). Pregunta: En que lugar aparecería recollida a nova en La Voz de Galicia e canto espacio lle adicarían:

a. En portada (onde se non?) e logo un "a fondo" de 3 páxinas. Suliñando o vendido que está Quin a UPG e loando o traballo incríbel de Tello no concello (bueno, eso en caso de que dimitira de candidato).
b. Na sección de Galicia, a toda páxina, iso si... porque en plena precampaña ten a súa trascendencia.
c. Nunha columniña, porque tampouco é para tanto, total se Tello perdeu o seu pulso, "pacasa e santas pascuas"?

Pois amigas e amigos, como La Voz é un medio de comunicación obxectivo, que trata a tódolos partidos políticos por iguais, onde a profisionalidade e a independencia priman por riba de todo, a resposta correcta é a C. E aos feitos me remito.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet