sábado, maio 14, 2005

AS "GHAROTAS" DO LUAR

Segunda ou terceira vez que me atopo coas dúas rapazas estas do Luar. As "gharotas" de nome artístico. Flipante combinación de tradición pailana da que eu tamén compartín moito coa modernidade do hip-hop e o rap. Todo iso cunha absoluta irreverencia que lle sacaría as cores ao católico medio que, por sorte, caseque non existe na Galiza, porque a retranca (sexual) sempre puido máis que o puritanismo.

En fin, adiante gharotas, combinación de modernidade e "país" irreverente.

2 Comments:

Blogger Brétemas said...

Coincido contigo. Eu gosto destas "gharotas" descaradas. O mellor de "Luar".
Gostei de coñecer o teu sitio. Enlazareino no meu.
Saúdos.

11:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

eu tamen gosto moito destas duas rapasiñas, mais vou canso de buscar aljum disco delas por toa a rede e non son quen de dar con ninjún. Podería aljen axudarme?

4:56 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet