quinta-feira, agosto 25, 2005

QUE ALGUÉN AMAÑE ESTO

Síntoo, volvo a unha das miñas teimas particulares.

Viña de O. escoitando a radio galega. Informativo das 22:00 h. Novas por esta orde:
1. Comparecencia de Bono na comisión do parlamento sobre os soldados mortos en Afganistán.
2. O governo Basco decide non prohibir a manifestación convocada por xente próxima a Batasuna.
3. O governo Catalán tenta endereitar o proceso de redacción do novo estatuto.
4. Incendios forestais en Galicia.
5. O Tempo
6. O sorte da "Once"

Sen novas internacionais e coas novas do país (que ademáis teñen relevancia "nacional") ao final.

E dígo eu, Para iso temos unha CRTVG?: Para replicar os informativos "nacionais"?

Sigue... Comeza a segunda parte dun programa de música "pop" (así o presentan). Nas mentes provincianas dos facedores de contidos da RG entenden música POP como a que se fai unicamente até a "raia" e até os Pirineos, con linde no Mediterráneo por abaixo e no Cantábrico por riba. Tamén hai outro programa co que nos castigan as fins de semana onde nos presentan as músicas "daquela época"... anos 60 e 70. A música "daquel tempo" era tamén só española, patético...

A RG faille falla o que lle pasou a moitos dos Estados Nacións europeos. Abrirse por riba, cara o mundo, e por abaixo, cara a sociedade para a que foi creada. Agora temos opcións para o cambio pero isto témolo que facer nós, pois aos nosos partenaires -como moito- tanto lle da que tanto lle ten.

Ps. Alguén sabe por que Touriño non foi a reunión que el mesmo convocou?
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet