SOBERANÍA COMPARTILLADA
Ao fío da resonancia do discurso de Josu Jon Imaz polo aniversario do PNB recupero algo que me viña zoando no maxín dende fai tempo, dende que lin "A terra quere pobo", ensaio do Barreiro Rivas ao que xa lle adiquei un post. Polo medio baixara fai uns meses o o texto da conferencia ofrecida por J.J. Imaz na universidade de Vigo, que aínda non tiven a oportunidade de ler en profundidade.
Reparo nesta nova (para min nova) liña argumental que nos achega á soberanía compartida, á superación do Estado-Nación, etc, etc... Chama a atención que fora o PNB, que pasa por ser representante do nacionalismo "periférico" máis rancio e casposo, quen puxera esta terminoloxía riba da mesa. Con máis calma, algún día, haberá que afondar en toda esta temática. A simple vista sóname a post-modernismo, á perda dos referentes tradicionais e a substitución doutros máis febles, pero de maior consenso.
Penso que, tristemente, o nacionalismo galego hai tempo que non reflexiona sobre o que vén sendo a súa (non única) esencia: o nacionalismo. Mantemos conceptualizacións que (case) todo o mundo entende obsoletas pero que ninguén se atreve ou é capaz de discutir. O principal referente ideolóxico dos últimos anos tense movido algo nas coordenadas esquerda-dereita, abandonando de xeito implícito máis que explícito as concepcións marxistas clásicas, mais pouco ou nada engadeu -que eu saiba- a outra coordenada definitoria. Os gardiáns das esencias, ... ¿? a verdade é que levo tempo buscando as súas aportacións ideolóxicas digamos... dos últimos 30 anos. Non atopo ningunha; iso si, o conto da estratexia e da táctica pode estirar até o infinito...
E así, mentres, movémonos aceleradamente, nunha senda post-modernista inevitábel, pero sobre a que non nos detemos a cavilar, a delimitar, a enriquecer, tal e como -semella- teñen feito en Euskadi.
En fin, cerebro colectivo do nacionalismo do que tanto gostaba falar Beiras, a ver se nos poñemos a funcionar!!!

1 Comments:
Aínda sen querer desdicirme e sen botar balóns fora, temos que recoñecer que a falla de reflexión non é patrimonio bloqueiro. Diría que é un problema da esquerda, en xeral, polo menos en Europa.
Por outra banda, nesta senda a algures chegaremos supoño, non hai máis que ver o PSOE. O problema é que facer cando se chega...
Postar um comentário
<< Home