sábado, setembro 03, 2005

NOVA ORLEANS

Por certo, nin que dicir ten o patético que resulta o Bush cos dous "ex" solicitando a solidariedade dos cidadáns americanos para atender o desastre de Nova Orleáns.

Efectivamente, semella que estamos ante o paradigma do xa tan comentado "Estado Policial" ou, mellor dito, "Estado preocupádevos-do-terrorismo-internacional-que-cos-ataques-invasións preventivas-xa-arreglo-o-meu". Mentres, o Estado de Benestar, o que responde cos recursos de todos ante desgracias coma esta e sobre todo no día a día, mantendo e construíndo institucións e igualdade, vai deixando de existir.

Algún día haberá que reflexionar máis a fondo do alcance da segunda victoria de Bush.

God bless America...
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet