O BNG E O PLUS DOS FUNCIONARIOS
Ante a polémica armada co plus dos funcionarios que ocupen altos cargos políticos o trasacordo do BNG ten bastante pouca credibilidade, aínda que retificar -aínda que sexa tarde- non sexa algo moi común na política convencional.
Chama a atención que os mesmos que fai poucos meses botaban para atrás unha medida tamén de certa polémica, aínda que de mero carácter simbólico, como era o do salario vitalicio dos presidentes da Xunta (e outros beneficios), lle deran o visto bo agora a unha medida que ten pouco de simbólico e moito de inxusto privilexio. Tamén de caro -aínda que non tanto como din algúns con certo matiz demagóxico pois grande parte dos funcionarios teñen complementos consolidados co que non cobraran 15.000 € máis, senón a diferenza con ese complemento que é o máis elevado; aínda que quizais o peor é que incide na funcionaritis que xa afecta á política en Galiza, o cal -por certo- podería explicar - xeito de círculo vicioso- a aprobación desta norma.

1 Comments:
É a única boa idea que o BNG ten en moito tempo
Postar um comentário
<< Home