quarta-feira, dezembro 05, 2007

CHAVEZ

Si, pero aceptou os resultados do referendum...

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Con ben pouco nos damos por satisfeitos, un pouco máis de esixencia democrática tampouco viría mal; non podemos conformarnos con que acepte os resultados do referendum. O que aquí damos por descontando, por ser básico, non podemos convertilo na "proba do 9" do carácter democrático de Chávez. Outra cousa que non sexa esixir os mesmos estándares democráticos que temos en Europa sería aberrante; e incluso unha forma de racismo, si me apuras.

10:25 AM  
Blogger Nygard said...

Anónimo,

Estou dacordo con parte do que dis. "O que aquí damos por descontado" algúns non o daban como tal. Non só a prensa conservadora española senón El Pais, no seu momento, vendeu a imaxe do Chávez dictador (e mesmo chegou a xustificar un golpe de Estado!).

Non estou para nada dacordo co proxecto de Chávez e témome que vai acabar mal. Seguramente Chávez e algún máis son produto dunha situación de tremenda inxustiza social; o cal ten que facernos reflexionar a cerca de gobernos pretendidamente "homologábeis" aos de Europa.

Aínda así foi o pobo quen o puxo aí, o mesmo que agora lle dixo que non.

2:50 AM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet