domingo, junho 28, 2009

MILLADOIRO COMO EXEMPLO

Milladoiro é hoxe un dos poucos espazos periurbanos do país onde escoitar galego é habitual. Onde é doado escoitar falar no bus a adolescentes de distintas países e razas interactuando en galego e español indistintamente (daquí ou de América Latina).

Ese é quizais un dos poucos logros das políticas de normalización lingüística impulsadas dende a chegada da autonomía. A cuestión é que é insuficiente.

Só aquelas zonas de recente urbanización (anos 90 en diante), nutridas de mozos de procedencia rural que constitúen a primeira xeración de galegos que foron educados (parcialmente) en galego. Non pasou así nos espazos periurbanos de Vigo ou A Coruña porque o seu desenvolmente foi anterior a esas políticas, as novas incorporacións procedentes do rural foron recibidas co español totalmente asentado.

Dese xeito os espazos netamente urbanos onde o galego está presente limítanse a unhas cantas zonas perifericas novas, en particular nas cidades de menor tamaño (Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol e quizais Pontevedra). En tódolos demáis o español predomina.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet