segunda-feira, agosto 03, 2009

GALIZA, OU O PAÍS ESPERPENTICO

Unha pantasma recorre Galiza, pero os galegos –facendo gala da nosa fama- disimulamos e miramos para outro lado, agora xa con máis razón que para algo estamos en vacacións neste verán que non é verán. Mentres, nalgún despacho da metrópole o futuro do país, perdón da Comunidade Autónoma, é un dano colateral máis dunha partida de xadrez na que os galegos decidimos non participar.

A Cuestión de Estado é, como non, o novo mapa do sector financeiro español e concretamente das caixas de aforro. E nese mapa, nesa partida, as caixas galegas son dúas das pezas que moverán ou tentarán mover os xogadores acreditados. Á primeira vista, nesta batalla Galiza queda encadrada no bando nacional que loita contra rojos e separatistas, como na triste outrora.

Os poderes económicos tradicionais deste país actúan como sempre o fixeron no plano político, primeiro apoiando a volta ao estado natural das cousas, a restauración da maioría natural conservadora. Logo, aliñándose cos poderes mesetarios nesa loita contra o infiel. No camiño perdendo honra e facenda…

E que din os nosos representantes políticos? Pois como bos galegos, miran para outro lado. O presidente (si, de Galiza) seica vai decidir despois de vacacións que facer, se gardar el o porquiño dos aforros ou deixarlle a papá que llos garde, que aínda é novo de máis. O PSOE está agardando a que Pepe Blanco chegue no AVE, ao puro estilo Mr. Marshall, para salvar ao país de todas as súas desgrazas. E o BNG? Pois o BNG está decidindo se gobernar é un obxectivo táctico ou estratéxico, na suprema loita pola independencia nacional e a revolución social.

Ah! E faltan os movementos sociais... Onde están os movementos sociais outrora tan activos? Pois de vacacións que agora que xa gobernan os de sempre xa non se senten traicionados nin defraudados. Ademáis, estar todo día na rúa berrando e protestando cansa un huevo. Iso si, agardando a setembro, que disque os van chamar dende o Bloque para recuperar o amor perdido.

En fin, todo un esperpento colectivo…

2 Comments:

Anonymous xOsse dorrio said...

É triste. É triste ver a un BNG máis obsesionado con ter un cachiño de poder que en transmitir os seus valores e principios tradicionais a sociedade... pero, claro, quen o ía facer? Quintana? O flamante presidente do Instituto Galego de Estudos Autonómicos... Canal? O maior agresor de dereitos laborais que coñeceu o nacionalismo... Blanco? O grande amigo do sector louseiro e eólico... Táboas? Dela non direi nada pois a súa beleza disimula o bo e o malo... pensan.

E os movementos sociais por aí andan, de vacacións, uns na praia, por Cangas(onde goberna o BNG, será por iso), outros pola Ribeira Sacra. En fin...

Non está a cousa para que ninguén nos veña a meter os dedos nos ollos. O BNG o único que busca nos movementos sociais son votos... leva clara.

Iso si, nunha cousa douche a razón. O PP coas súas políticas nunca decepciona a ninguén, moito menos ós seus.

Aínda así, dígoche unha cousa e, ó igual que dicían noutros tempos -contra Franco vívese mellor-, contra o PP vívese mellor, pois a ninguén lle gusta loitar contra os seus.

12:11 PM  
Anonymous Anônimo said...

搬家達人就是元富搬家公司,本公司備有優良搬家師傅及優質搬家車輛,搬家服務範圍有台北搬家中和搬家板橋搬家桃園搬家新竹搬家等,最專業搬家技術及貼心精緻搬家服務,深獲客戶推薦。

4:57 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet