segunda-feira, dezembro 13, 2004

La Voz de Galicia... vergoña allea

Son consciente do grado de provincianismo que ostenta La Voz de Galicia. Pero hoxe superáronse. Veño de sentir auténtica vergoña allea ao ler a nova en relación a defensa do veto do BNG no Senado. Por dúas veces, canto menos, chámanlle a Anxo Quintana "Anxón".

Sabía que esto soía pasar nos medios "de Madrid", xa non é a primeira vez que ao mesmo Quintana o bautizan como "Antxon". Esto non deixaba de ser unha mostra do pouco que pinta Galiza no Estado. Pero o de La Voz é simplemente unha mostra da dependencia e do provincianismo dese xornal que, tristemente, é o principal referente mediático en Galiza.

2 Comments:

Blogger ro said...

Por unha vez, vou defender a La Voz: esta noticia que colliches non é unha noticia q fose publicada en papel, senón as noticias que meten durante todo o día, provintes das axencias, q poucas veces corrixen/editan.

Polo tanto o erro vén de Madrí.

Moitos bicos e parabéns polo blog!

ro

5:14 PM  
Anonymous Anônimo said...

Polo que se ve tampouco ás len...

11:46 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet