domingo, janeiro 08, 2006

INQUEDANZAS POLÍTICAS CASEIRAS

Está visto e comprobado que nos gusta darnos caña. En relación á famosa "alternativa" aínda non teño completamente formada unha opinión. Agora ben, non son boas sinais que sexa "ese" xornal que nos está laminando nos últimos meses o que teña acceso, antes que a inmensa maioría dos benegueiros, a dito documento. Digo eu que as boas intencións dos que o propoñen (de cara ao moi necesario debate interno) quedan claramente en entredito.

En canto ás consecuencias de fondo, haberá que ver, pero os presaxios non son bos. Coma sempre haberá unha gañadora, que aceptará de bo grado darlle a aperta do oso ao que ultimamente está defraudando por terse esquecido da casa.

Por outro lado, haberá que prestarlle máis atención ao desánimo crecente dunha parte da militancia que se sinte "defraudada" (sobre esto ten unha teoría excelente o sociólogo e economista H.O. Hirschman).

Resumindo:
Búscase liña ideolóxica e aparello político para crear alternativa interna en chiringuito que serva a súa vez de alternativa política seria e críbel na Galiza do século XXI. Interesados, prégase poñerse en contacto nesta dirección.

6 Comments:

Blogger johnkline8029974936 said...

I read over your blog, and i found it inquisitive, you may find My Blog interesting. So please Click Here To Read My Blog

http://pennystockinvestment.blogspot.com

4:22 AM  
Blogger eue said...

A U, a U, sempre a U. Gañará o lado escuro?

11:41 PM  
Blogger Nygard said...

Benvido, Mr eue... non sexa vostede demasiado escrupuloso coa ortografía, gramática, léxico e todas esas cousas...

7:18 PM  
Anonymous Anônimo said...

Good design!
[url=http://bhduyywe.com/mpuu/gjwd.html]My homepage[/url] | [url=http://ivuyqvae.com/vpzi/ajvo.html]Cool site[/url]

8:07 PM  
Anonymous Anônimo said...

Good design!
My homepage | Please visit

8:07 PM  
Anonymous Anônimo said...

Nice site!
http://bhduyywe.com/mpuu/gjwd.html | http://rhmbajuz.com/ywzw/dwoe.html

8:07 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet