sexta-feira, novembro 11, 2005

REFLEXIÓNS

Dúas cousas procedentes dun café agradábel con leitura no "Literarios" na Quintana:

- En "El País", entrevistan a un tal "Debray", intelectual francés que a miña iñorancia fai que non me sone de nada. Sinala que o problema de Francia é que se están perdendo os valores da República. Cando concreta prodúceme "urticaria". Segundo el ser francés xa non significa promoción social algunha dende que Francia perdeu o seu carácter imperial. Por iso agora os cidadáns buscan outros referente étnicos ou relixiosos. O que creo que non entende o señor Debreu é que o mundo no que nos tocou vivir ("tempo histórico") non valen as recetas republicanas tradicionais. O problema do republicanismo francés é que foi fundamentalmente imperialista e arrasou tódalas identidades equiparando Estado a Nación (xusto o que quer facer o PP). Poido concordar en que se están a debilitar algúns referentes e símbolos republicanos pero iso, dende o meu punto de vista, corríxese elevando a referente fundamental a carta dos dereitos humanos da ONU e a construíndo ben novas estructuras estatais (a saber: a UE). Non se soluciona desenterrando aos vellos imperios.

- Aínda non estamos preparados en Compostela para ser cidade Europea. Na cafetería sinalada, un turista pregunta se se pode sentar na terraza (que están a preparar). A camareira (unha rapaza nova) non pilota nin chisco de inglés e tampouco se esforza para recordar as catros frases que tivo que aprender na escola. Fala Español amodo e con xestos (pensando quizais, como un amigo meu do PP, que en Europa todo mundo debe e debería soñecer o español). Trata de explicarlle que ten que esperar un pouco a que preparen a terraza. O turista non entende pero ao final consegue pedir un café e algo máis e sae para fóra a esperar que rematen coa terraza. A camareira queixase do pesado que é o turista... Se eu fora o dono da cafetería teríao liberalmente claro: Ou aprendes inglés (eu cho pago: 4 horas a semana durante 2 meses para unhas nocións básicas) ou á puta rúa.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet