domingo, novembro 29, 2009

CLARO, CLARIÑO...

A contraportada de hoxe é apenas un paso máis na estratexia que encetou Santiago Rey & Co unha vez gañada a batalla eleitoral. Xa o dixera Quintana; machacándoos a el e a Touriño non despacha só leas persoais... no fondo quere finiquitar unha etapa na historia recente deste país. Agora, morto e enterrado o defunto, seguen paleando terra... non vaia a ser.

A grande victoria do PP e de La Voz foi a de que triunfara o conto, a xeito de dogma, de que as solucións bipartitas son malas "per-se". O triste, como ten apuntado o amigo Ian, sería que os que noutrora sosteron "o bipartito" caian nesa trampa. E pola banda que nos toca é angustioso comprobar como damos perigosos pasos nesa dirección.

Pd. 1 Qué cálculos botaron e quen os botou?

Pd.2 -o bipartito foi malo-gobernar non é importante-mellor un goberno unido- PSOE é PP a mesma merda é-maioría natural do PP.

Pd.3. Let's do something...

10 Comments:

Anonymous Anônimo said...

tes razón en todo, como case sempre. pero queríache facer unha pregunta que se me ocorre agora que veño de ler renovarobng:

+bng asume o q din este fato de iluminadiños e tan sectarios (ou +) q a U? porque de verdade q o último q publicaron ralla na paranoia e, desde logo, se van continuar por aí eu, q non son militante do BNG, aconsellaríalles saír pola porta...

10:27 PM  
Blogger Nygard said...

home anónimo, non me digas que teño razón en todo que acabo por crermo e iso é un problemón...

sobre o que me dis,`podo dicirche que +bng asume o que pon nos textos que aprobou, nin máis, nin menos...

10:42 PM  
Anonymous Anônimo said...

pois deben saber os mandamáis de +bng q ese blog non lles favorece nadiña...

10:56 PM  
Anonymous xOsse dorrio said...

Cada vez que alguén responsabiliza a La Voz da derrota do bipartito o caché de Santiago Rey sube 5 puntos porcentuais. Curioso. Quen máis insiste nesta teoría é o quintanismo. Amores rifados...!?

Agora que, non sei si os bipartitos son malos "per-se", mais un bipartito no que esté o PSOE (que como di un asiduo de mOendo.net nin é obreiro nin socialista), asegúroche que si.

Iso si, dende o nacionalismo si o temos ben claro: aquí ninguén é responsable de nada (o cal non quere dicir que sexamos uns irresponsables), todo se fixo ben, mais, e febleza intelectual da poboación galega non fos dabondo para saber diferenciar a palla do grao (non con estas verbas, pero algo semellante díxose no escusario oficial, coido que entón se referían de xeito específico as bases do nacionalismo. Imos! Para coller a porta e darlle nos narices).

11:07 PM  
Blogger Nygard said...

Dorrio, non entendo o teu último parágrafe.

En calquera caso, se estás tan seguro de que os bipartitos do PSOE son malos "per se" concordaremos que é mellor abandonar o obxectivo de gobernar este país(táctico, estratéxico ou o que sexa).

Un saúdo.

11:31 AM  
Anonymous xOsse dorrío said...

Pois refírome a que os dirixentes bicéfalos do nacionalismo pásanse a meirande parte do tempo mirando cara os seus ombligos e,cando o fan, ven que todo xira ao seu arrededor. Atoparían aí o centro do universo!?

Naqueles documentos sobre os que se 'construiu' a reflexión do nacionalismo decía exactamente: fraxilidade ideolóxica da base electoral do nacionalismo. E o nacionalismo aceptouno aprobándoo nun Consello Nacional!, o cal en parte lle ven dando a razón, todo hai que dicilo.

Consecuencias:

1.- Dentro do nacionalismo galego hai xente, a que dirixe o BNG, que considera parvos aos seus militantes.

2.- Dentro do nacionalismo hai xente, parte dos seus militantes, unha parte moi importante, que lle dá a razón.

3.- Dentro do nacionalismo hai xente, parte dos seus militantes, unha pequena parte, que non lle dá a razón, mais segue militando.

4.- Dentro do nacionalismo había xente, parte dos seus militantes, que non lle deron a razón e deixaron de militar.

5.- Dentro do nacinalismo hai xente, moitísima xente, moita máis que nos catro apartados anteriores xuntos que nin sequera milita nin militou nunca no BNG mais que vota BNG e, vendo todo isto, xamais o fará. Probablemente, e de feito moitos son os que xa o fixeron, deixarán incluso de votar ao BNG. Razóns: indefinición polítca, incoherencia, irresponsabilidade e moitos outros "i_"

6.- Fora do nacionalismo hai moitísima xente, cada vez máis, moita máis que nos cinco apartados anteriores que se esmendrella de risa co que lle está ocorrendo ao nacionalismo galego.

Respecto ao sgundo, hai formas e formas de gobernar: dende a moqueta, a máis apetitosa, sen dubida, que é a que dá cartos, permite beneficiar a amigos,...; e a outra, dende a oposición cun goberno en minoría.

Imaxinas cal sería a situación actual do nacionalismo sin o bipartito, isto é, cun BNG ma oposición e un PP gobernando en minoría?

Eu si, e non imaxino nin a metade de conflictos sociais dos que hoxe existen, entre eles o da lingua.

Mais,... quen resiste a tentación do poder?

5:30 PM  
Anonymous Anônimo said...

Amigo Dorrio

Que grandes verdades dis.

Lástima que non haxa máis nacionalistas (a poder ser todos) que pensen igual ca ti. Deste modo, teríamos asegurado o goberno do País até o fin dos tempos.

Por certo, non nos importa gobernar en minoría (o caso é que nos deixedes gobernar). Con iso, e vós actuando de conciencia crítica (de café) podemos formar unha parella invencíbel; e ti poderás continuar despotricando con toda pureza.

Só unha última cousa: os do teu partido, facción ou o que sexa (non nos importa) cantos sodes ?; a que eleccións vos presentastes até agora (sirven tamén comunidades de propietarios) e canto apoio tivestes ?.

Un saúdo agarimoso e a ver se chegamos a un trato logo (se convences aos teus para que acepten o que dis gratis muito mellor)

Baltar (o auténtico).
Pero tamén podería ser Feijoo

3:23 AM  
Anonymous xOsse dorrío said...

Anónimo,... sen dúbida dáchese mellor a retranca que a argumentación razoada.

En canto a cantos somos coma min, dicir que somos os suficientes para decidir quen goberna ou quen non goberna este país.

10:53 AM  
Blogger Nygard said...

Goberna o PP. Até aquí chegamos.

1:04 AM  
Anonymous elegant mother of the bride dresses said...

Thank you for your sharing! I like your posts very much,they are interesting and meaningful!

10:58 AM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet