terça-feira, fevereiro 15, 2005

CANTO AO AR

Estimados amigos da CRTVG:

Hoxe é domingo 13 de febreiro; son ás 14:55 e estou vendo o telexornal do mediodía da TVG. Estou atónito. Van alá 25 minutos de telexornal e séguese a dar conta da nova de cabeceira: O incendio do rañaceos "Windsor", en Madrid, capital do Reino de España. Se ben o alcance material da traxedia parece considerábel, por sorte non houbo victimas humanas.

Fágome as seguintes preguntas:
a) É merecente este acontecemento de máis de 30 minutos (e segue) de telexornal da TVG?
b) Por qué é merecente este acontecemento de máis de 30 minutos de telexornal da TVG?
c) Se fose un edificio semellante, digamos de Alicante ou de Porto, a cobertura sería semellante?
d) Podería ser considerado este feito como unha mostra máis do provincianismo da CRTVG, incapaz de proxectar unha visión galega do mundo, funcionando como mera correa de transmisión dos medios "nacionais"?

Un saúdo.

Pd. Esto deixeino no libro de visitas da web da CRTVG. Nin que dicir ten que non o sacaron.
Fodédevos que teño onde ensinalo.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet