XERACIÓN ERASMUS
Vén de rematar un filme na dúas; "Una casa de locos", chamábase. Vin só a última hora pero contaba fundamentalmete a vida dun rapaz francés que vai de Erasmus a Barcelona e comparte piso con outros estudantes de distintos países.
Non parecía unha gran película, a verdade, pero recoñezo que me vin identificado en moitas das esceas e das situacións amosadas. Haberá alguén que me chame "sibarita", que iso das viaxes por Europa é só para unha minoría privilexiada ("pequeno-burguesa", na terminoloxía dos upegallos). Pero xa ves, a realidade, as inquedanzas, as aspiracións, constrúense día a día, segundo as limitacións e mesmo os carreiros que nos marcan na vida. E daí que me sinta parte dunha xeración Erasmus, a que lle confiro uns certos valores que se resumen na tolerancia e na curiosidade por coñecer realidades diferentes.
E isto ten que ver, como non, coa política e co puñetero referendum do domingo. Primeiro porque a miña desconfianza (non tanto de galego como de politiqueiro) dime que non é casual que poñan esta película hoxe, a 3 días do referendum. Segundo porque sí, porque mal que nos pese estamos construíndo a Europa dos cidadáns e aínda que o que se nos presenta poida coxear por moitos lados, produce certa sensación de desacougo defender e votar "non".

0 Comments:
Postar um comentário
<< Home