sábado, março 05, 2005

ACONTECE

POLÍTICA

- En Catalunya o fiscal actuará de oficio despois das declaracións do amigo Maragall (lucíuse, por certo...). En Galiza -denuncia moi acertadamente Anxo Quintana e corrobórao o creador de opinión X.L. Barreiro ("diolo queira pertiño nosa por moito tempo)- un caso practicamente idéntico (declaracións de López Veiga sobre "algúns" que se beneficiaron económicamente da política) non ten a mesma resposta legal. Total, estamos acostumados.

- Falando de corrupción, a Sir Paco Vázquez vaiselle vendo cada día máis o plumeiro (o cal me enche de satisfación, por certo... no sentido de que queda desacreditado como persoa e como político o principal valedor do centralismo españolista na Galiza). O susudito trata de desviar a atención co apoio da maior desgracia mediática deste país, neste tempo histórico: La Voz de Galicia.

- Quintana tíralle das orellas a Beiras e de paso a Paco Rodríguez. A ver se non queda en nada. Renovación... eso é o que fai falla, pero non só de caras, senón tamén de ideas e de discurso. Sorte Quin...

OUTROS

- Teño os pés conxelados. A culpa é das puñeteras casas de ladrillo, desgracia chegada ao rural galego na segunda metade do século pasado. Ao contrario que as de pédra, conservan dentro o frío no inverno e o calor no vrán... desastre, joder. E tamén de meu pai por rácano... e non poñer unha "califasión" como dios manda.

- Teño a garganta fodida... levo dende a semana pasada. As aulas non axudan nada, sobre todo cando todo o falo eu... tamén hai que renovar a universidade, dunha puñetera vez.

- Hoxe toca facer patria "chica", unha copiña rápida no T. e no B. e logo ao mellor imos xunta os "campanas de pao". Esto estache precioso... pero o inverno é fodido no rural galego; e sobre todo aburrido... puidera ser unha cuestión de cumplir espectativas. E que O. xa o teño moi visto, e cada día vai a menos... xa me din que son do "pueblo" e teñen razón. Ás veces até Compostela me queda pequena...
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet