segunda-feira, março 07, 2005

REAL POLITIK E MEDIOS EN GALICIA

Vexamos este titular da edición electrónica de La Voz:

Touriño advierte a Vázquez de que la capitalidad es «un tema cerrado»

a) A orixe está nunha maniobra de distracción de PV ante as denuncias de La Opinión sobre os seus "amaños" xornalísticos. La Voz préstase facendo unha vez máis patente a confluencia de intereses fundamentalmente económicos e a carencia de escrupulos e profisionalidade de cada unha das partes.

b) Facendo da necesidade virtude e de xeito vergoñento aproveitase (no PSOE-Pepiño Blanco e na Voz) a anterior falacia para dar unha imaxe dun Touriño forte ante Paco Vázquez; dada a opinión xeralizada do papel negativo deste último no PSOE e na política galega.

c) Alguén lle preguntou a Touriño sobre as supostas irregularidades de Vázquez? Alguén veu referencia algunha na Voz?

d) Até cando esta vergoña?
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet