quarta-feira, setembro 14, 2005

NOVOS TEMPOS NO BNG

Reproduzo aquí un post meu no galiciaconfidencial.

Claro que se están a conformar dous grupos no BNG e, efectivamente, un "gobernamentalista" e o outro é "organicionista". É o único no que concordo coa túa análise.
A túa descrición do primeiro destes grupos é sectaria e mal educada. Non semellas comprender que o perfil dun e do outro son completamente diferentes e as habilidades que se necesitan nos postos de governo son ben diferentes ás que se necesitan de xeito interno. No BNG sobran "fontaneiros" acostumados as liortas internas e fallan políticos de governo. Esa eiva é a que está tratando de corrixir, ao meu ver e seguro que con moitos erros, Quintana.
Habería que pensar en calquera caso de que xeito se sirve mellor ao País e ao noso futuro colectivo. Eu por agora téñoo claro.
Finalmente, a postura "organicionista" da UPG que é -en definitiva- quen a nuclea e lidera, é tamén unha postura resistencialista e egoista. Non encarnan unha suposta salvagarda de valores ou de principios que ostentaría a nosa organización senón que ven peligrar o seu poder de control do BNG ante o empuxe de Quin e da xente da que se está a rodear e utilizan as armas que poden para evitar isto. De feito, alí onde puideron condicionar o governo (mentendo aos "seus") fixérono, e máis se puideran... Por outra banda, non dubidarán en usar aos descontentos e aos outros partidos ao seu servizo. Estes últimos terán que escoller un día, espero que escollan ben.
En fin. Novos tempos, agardo.

1 Comments:

Blogger Nygard said...

Atando cabos... vía Cesare.

6:51 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet