quarta-feira, outubro 05, 2005

KEBABS E CAMBIO POLÍTICO-SOCIAL


No camiño ao piso, dende o sitio turco novo da Rúa Nova de Abaixo, "re-reflexiono" sobre algo que agora traslado a esta casa.

Non é causal, nin casual senón síntoma, o agromar de locais de kebabs en Compostela. Bastantes anos máis tarde que ás capitais e cidades europeas chéganos agora a comida rápida medio-oriental máis coñecida no globlo. A sociedade galega está mudando, chegamos tarde, pero chegamos. Agora os bares do menú de estudiante de 6 € mixturanse ou transfórmanse en comida do mundo. Naquela praziña, perto do Abastos, un francés que chapurrea galego vende comida do mundo. Fai unhas semanas, en conversa tardía, dicía que non comprendía esa carencia de cuisine internacional... Ao igual que o cambio político, estaba aí dende hai tempo, pero non daba chegado.

De nós depende construír a síntese necesaria para seguir estando no mundo...

1 Comments:

Blogger Nygard said...

Creo que iso de que a sociedade vai sempre por diante da clase política non é un mito...

Claro que hai cambio... O grande reto é facer que sexa un cambio galego; non é un slogan... toca facer síntese propia, como dixen antes, aportar algo diferente.

12:19 AM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet