sexta-feira, novembro 04, 2005

OS MEGAMONOPOLIOS: A FALACIA NEOLIBERAL



En relación ao interesante artigo de Mexuto, xornalista con quen non concordo en moitas cousas, recollo as miñas impresións iniciais:

Sobre a tendencia á concentración do capitalismo, como (creo que) ben sabe o autor, dixo algo Lenin hai unha chea de anos. Tampouco habería que preocuparse moito, pois o seguinte paso é obvio: nacionalizar os "mega-monopolios" que de facto xa esmagaron o famoso libre-mercado. Estariamos por tanto nesa fase superior previa ao socialismo que nunca da chegado.
Manifesto a miña admiración pola análise de Lenin e pola marxista en xeral. De verdade é de moita axuda para comprender o mundo que nos rodea. Mais as dinámicas socias non permiten só explicacións simples pois en si mesmo son complexas... o Determinismo morreu.
En segundo lugar... estou totalmente dacordo en que -efectivamente- o Neoliberalismo producíu auténticos baleiros democráticos como poñen de manifesto eses macro-monopolios dos que se falaba antes e que gozan dun inmenso poder sen lexitimidade algunha.
Creo que iso debe centrar boa parte da axenda do discurso da esquerda nos vindeiros tempos. Mais con recetas adaptadas aos tempos.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet