sexta-feira, janeiro 05, 2007

SENTIDO DA OPORTUNIDADE

Non cuestiono que as recentes iniciativas do grupo parlamentar do BGN vehiculizadas por Bieito Lobeira teñan o seu interese. Tanto a promoción da galeguización dos nomes e apelidos como o asunto das bonecas, refírome. A cuestión é tamén ter sentido da oportunidade porque, a pouco que un visualice a foto "global", resulta que o BNG aparece como o irmán estrafalario que se adica a propoñer "gallegadas" de calado moi relativo e a facer barullo porque non lle tocan o himno coa gaita. E xa sabemos que por suposto se propoñen outras moitas cousas e se levan a cabo iniciativas tamén de moito máis calado e interese. Pero é que temos que partir da base de que os medios están ao que están e, digo eu, non podemos nós darlle carnaza que ensombre o resto do traballo. Cando o BNG se coñece por eso, e non polo traballo que poida estar desenvolvendo no governo, mal andamos.

Neso tamén temos moito que aprender do PSOE que, por certo, non para de frotarse as mans.

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Mire, se mo permite, posiblemente debería matizar algo máis os comentarios. Porque, por exemplo, procurar que haxa no mercado bonecas que "falen" en galedo non só é razoable. Idiomaticamente xa vai resultando imprenscindible. Ou parécemo a min.

Adoito estar bastante dacordo cunha boa parte das súas análises sobre o BNG. Pero esta, en concreto, supoño que a entendo mal. Bo ano.

4:59 PM  
Blogger Nygard said...

Caro Lugués,

Xa iniciei o meu post indicando que ditas iniciativas teñen interese. Isto non quita que quizais haxa outra maneira de implementalas de tal maneira que sexan máis efectivas e que non produzan tanto balbordo e ensombrezan outra laboura que, vamos a dicilo así, é percibida como de maior importancia por parte da maioría da cidadanía. Por exemplo, non ten o BNG consellerías para chegar a un acordo con algunha empresa sobre esta cuestión???.

Grazas en calquera caso pola súa visita e o seu comentario.

12:45 PM  

Postar um comentário

<< Home

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet